As Pontes, 23 agosto| Non te perdas ningunha noticia de As Pontes, mantente informado de todos os eventos, noticias e avisos do municipio pontés grazas á App para móbil, dispoñible para IOS ou Android.

Para dispoñer desta App no teu móbil non é necesario ningunha descarga desde a Google Play Store ou Apple App Store. Para dispoñer dela só necesitamos o navegador móbil, Safari no caso de iOS ou Chrome no caso de Android, e seguir os seguintes pasos:

  1. Abrimos o navegador e tecleamos a url da nosa webApp, neste caso vive.aspontes.org e na barra inferior pulsamos o símbolo compartir en iOS ou os puntiños en Android.

  2. Despois seleccionamos e pulsamos o símbolo “Engadir á pantalla de inicio”.

  3. Se todo foi ben xa teremos a nova icona da nosa webApp na pantalla de inicio do noso móbil e funcionará como calquera outra App.