As Pontes, 12 de setembro| Máis de vinte grupos procedentes de diferentes puntos de Galicia déronse cita este domingo, 11 de setembro, na praza do Carmen das Pontes. 525 persoas cantando a capela e ao unísono para o público que non quixo perderse esta décimo terceira edición da Romaría Coral Galega.