Lista de espera para a contratación laboral temporal de auxiliar do servizo de axuda a domicilio

564

As Pontes, 22 de agosto de 2018. O Concello de As Pontes abre o prazo para presentar as solicitudes para a creación dunha lista de espera para a contratación laboral temporal de auxiliar de axuda a domicilio, a través de concurso-oposición.

Os aspirantes deben cumprir, entre outros, os seguintes requisitos: Ter nacionalidade española ou dalgún país membro da Unión Europea, ter máis de 16 anos, estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e equivalentes así como o Celga 3 e permiso de conducir B.

A fase de oposición constará de dous exercicios, de carácter obrigatorio e eliminatorio. A fase de concurso consistirá na valoración dos méritos dos candidatos: servizos prestados na administración pública, titulación superior á esixida ou realización de cursos formativos relacionados co servizo de axuda a domicilio

As instancias, xunto coa documentación requirida, deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de de 8:30 a 14.00 horas, en un prazo de sete días naturais desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, comezando o prazo o día 23 de agosto.

Máis información no BOP número 159, do 22 de agosto de 2018 e na ligazón http://concello.aspontes.org/anuncio/bases-lista-de-espera-auxiliar-de-axuda-a-domicilio/