As Pontes, 29 de xaneiro| O pasado xoves, 25 de xaneiro celebrouse na Casa Dopeso a primeira das dúas charlas proxectadas dende a ECOescola das Campeiras en colaboración coa FAEPAC relacionadas coa enerxía eléctrica. Nesta primeira ocasión tratouse o tema da eficiencia e o aforro enerxético no fogar, dun xeito moi ilustrativo e accesible para todo o mundo da man do seu Director, Jesús Castro e dun dos seus técnicos, José Manuel Golpe.

A proxima charla terá lugar o próximo xoves, 1 de febreiro ás 20:00 h. na Casa Dopeso; nesta ocasión adicarase á interpretación da factura da luz e ao bono social. Ademais da detallada explicación do persoal da FAEPAC, contarase coa testemuña de usuarios desta fundación que, coa axuda e asesoramento da mesma, foron quen de recuperar importes indebidamente cobrados nas súas facturas eléctricas.