Instalado o mosaico de Xaquín das Herbas no Barreiro

198

As Pontes, 23 de novembro| Esta mañá instalábase o mosaico de Xaquín das Herbas no Barreiro.

Esta nova obra do proxecto As Pontes enPEZAS  apostou por un mosaico composto por case un milleiro de fotografías que conforman a imaxe máis popular desta personaxe mítica de As Pontes.

Xurxo Guitián foi o autor desta obra que esta mañá quedaba instalada nunha marquesiña do bus no Poboado de O Barreiro.

Máis da metade das fotos que figuran neste mosaico xigante foron feitas na feira de fungos e cogomelos nun stand instalado ó efecto. O resto foron enviadas por todas as persoas que quixeron ceder a súa imaxe a este proxecto.

O mural ten a súa versión física co ubicado no Barreiro, e tamén está presente na rede, cun acceso por medio de internet, que nos permite empregar un cursor para identificar cada foto individualmente.

O artista, xogando coas luces e as sombras foi quen de dar forma a un Xaquín coa súa gorra, a súa vara e o seu caxado característicos.

Se se busca a foto propia atoparase en máis dun lugar, pois coas 808 fotografías empregadas formouse un mosaico de 2.809 teselas, de xeito que unha mesma foto pode estar ata catro veces.