RTVEume| O programa Café con libros volvía sacar hoxe á rúa as novidades literarias e fondos de todo tipo da biblioteca municipal Enrique Rivera Rouco. Nesta ocasión, a bibliotecaria Anabel Alonso trasladouse ata o bar de Xota, onde con aqueles que desfrutaron neste local do seu almorzo ou dun saboroso café puideron descubrir os novos títulos e tamén aqueles clásicos que podemos atopar nos andeis da biblioteca municipal.
Anabel repartiu consellos literarios ademáis dun boletín no que se recollen os títulos que veñen de saír ao mercado e dos que xa podemos desfrutar na propia biblioteca de forma gratuita.
Textos coma Morena, perigosa e romántica de Pedro Feijoo, Hombres desnudos de Alicia Giménez ou clásicos coma a recompilación de Poesía Galega, foron algúns dos títulos que tamén viaxaron hoxe ata o bar de Xota, aínda que tampouco faltaron referencias a As Pontes, coma A vida ilustrada en catro linguas realizado polos alumnos do colexio Monte Caxado ou publicacións adicadas a outros campos coma a cociña.
Café con libros regresará a principios de decembro aínda que todos aqueles locais hostaleiros interesados en acoller estas xornadas literarias poden anotarse telefonando á biblioteca municipal no 981 102 562.