Home Destacadas Inscrición no programa “MOVETE X AS PONTES”

Inscrición no programa “MOVETE X AS PONTES”

0
Inscrición no programa “MOVETE X AS PONTES”

As Pontes, 27 de marzo| Con motivo dos bos resultados acadados no programa “MOVETE X AS PONTES”, o Concello de As Pontes a través do IPPEC, no seu empeño de potenciar transversalmente os diferentes sectores de actividade local, está a traballar na súa IV edición.

Tras a xuntanza con ditos sectores de actividade o pasado xoves día 23, establecese a data para esta nova edición o sábado día 13 de maio.

Todos aqueles establecementos comerciais ou hostaleiros que desexen participar terán que completar a solicitude que se adxunta e enviala xunto co logotipo do seu establecemento a [email protected] ou ben achegarse as oficinas do IPPEC onde tamén poderán obter toda a información relacionada con dito programa, dende o luns día 27 de marzo ata o venres 7 de abril.

  • Podes descargar aquí o impreso de inscrición: DESCARGAR
X