[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]Descarga aquí as bases: DESCARGAR 

RTVEume| Coma cada martes de entroido As Pontes vai lucir as súas mellores galas e os seus máis inxeniosos traxes e deseños polas rúas máis céntricas da nosa vila e é que, non podía faltar na programación do entroido do noso Concello a tradición cabalgata de disfraces.

Así o 9 de febreiro tocará demostrar a creatividade coa agulla e o fío de veciños e veciñas de todas as idades e que por riba pode levar premio. De feito, a concellería de cultura ven de facer públicas as bases que rexerán este concurso no que se van repartir case 3500 euros en premios.

O prazo para anotarse arrincará o día primeiro do mes que vén sendo posible formalizar a pertinente inscrición ata o martes do entroido en horario de 10 a 1.30 da tarde de luns a venres.

A inscrición incluirá o nome, apelidos, DNI, teléfono e enderezo do participante coa descrición do disfraz e o seu título, ademáis da categoría na que se vai participar. E é que, un ano máis, cultura dividirá a cabalgata en meniños, categoría infantil individual, parella e grupos e categoría de grupos de adultos, parellas ou disfraces individuais de maiores.

No tocante aos requisitos, os grupos deberár ter un mínimo de 5 integrantes se se trata da categoría adulta e de catro na categoría infantil, namentras que a categoría de meniños estará limitada a menores de ata 8 anos de idade, que tan só por participar xa levarán un conto como agasallo.

Todos os que compitan nesta cabalgata deberán afrontar o percorrido íntegro da mesma, con saída ás 5 da tarde dende a avenida de Monte Caxado e remate no patio do colexio Santa María.

Con respecto aos premios, os cinco mellores grupos infantís levarán sendos vales de 150 euros a canxear por material didáctico e educativo; as cinco mellores parellas contarán cun premio de 75 euros e os 5 mellores disfraces individuais faranse con 50 euros.

No tocante ás categorías de adultos, os mellores grupos faranse con premios en metálico de 750, 500, 350 e 100 euros; na categoría de parellas repartiranse tres premios de 250, 125 e 75 euros e na categoría individual haberá premios para os tres mellores disfraces de 125, 60 e 40 euros.

Todas estas bases xa se poden recoller no departamento municipal de cultura en horario de mañá, de luns a venres, onde tamén é posible solventar calquer tipo de dúbida ao respecto.

[/fusion_text][/fullwidth]