As Pontes, 11 de setembro| A escola de música da Banda Cultural e Recreativa de As Pontes iniciará, esta tarde, un novo curso coas presentacións e elección de horario por parte dos alumnos e alumnas que, neste 2017-2018, retomarán a súa andaina musical ou ben se estrean neste campo.

Esta tarde, na aula de linguaxe do Conservatorio de Música, terá lugar ás 17:00h a presentación de linguaxe de primeiro de GraoEelemental, ás 17.30 a presentación do grupo de 2º e xa ás 17.45h tomarán o relevo os alumnos de cuarto de Grao Elemental. Ás 18:00h será o turno dos anotados no primeiro nivel de linguaxe de Grao Profesional e ás 18.15 dos estudantes de harmonía.

Xa mañá será a quenda dende as 5 dos alumnso de iniciación que deberán estar ás 17:00 no local de ensaio da banda; ás 17.15 farán a súa presentación os alumnos de conxunto de vento madeira e vento metal e para as 17.30 están convocados os estudantes de pre-solfeo.

As clases de instrumento arrincarán ás 17.45 da tarde, nas súas respectivas aulas, namentras que a modalidade de piano celebrará a súa sesión de presentación dende as 18.15, na aula de linguaxe.

As modalidades de adultos quedarán para a última hora da tarde. Así ás 18.45 terá lugar a presentac ión de solfeo, ás 19:00 a de música de cámara e ás 19.15 a de instrumento, todas elas no local de ensaio da banda, no Conservatorio.

Pero malia que xa esta tarde se celebren as primeiras xornadas de presentación, o prazo de matrícula nas diferentes modalidades da escola de música continuará aberto nos vindeiros días para recibir a novos alumnos.

Así continúa aberto o prazo nas modalidade de iniciación musical para nenos de entre 3 e 5 anos, linguaxe musical e instrumento para maiores de 7 anos e tamén solfeo, música de cámara e instrumento para adultos.

Para obter máis información abonda con telefonar á dirección da Escola de Música no 696 264 627.