Iniciación ás follas de cálculo e internet para maiores na Aula CeMIT

100

As Pontes, 16 de febreiro| O día 22 de febreiro comezaremos 2 novas actividades na aula CeMIT da casa Dopeso.

Por unha banda, Iniciación ás follas de cálculo dará una introdución a este tipo de ferramentas.

Para iso utilizaremos o software libre LibreOffice Calc.

Iniciación ás follas de cálculo

  • Datas Do 22 de febreiro ó 1 de marzo
  • Periodicidade Luns a venres
  • Horario De 11:30 a 13:30
  • Contidos:

    • Que é unha folla de cálculo?

    • Introdución ao medio de traballo (LibreOffice Calc)

    • Introdución e modificación de datos

    • Formato de celas, filas e columnas (cor, tipo de datos, bordos, dimensións etc.)

    • Filtros e ordenación dos datos

    • Traballo con fórmulas

    • Xestionar as follas de cálculo dun libro

    • Formatos condicionais

    • Creación de gráficos

    • Configuración para a impresión dos datos

Por outra banda, Internet para maiores, centrarase no aproveitamento dos recursos de Internet para persoas maiores: páxinas útiles, buscas na internet, etc.

Internet para mairoes

  • Datas Do 22 de febreiro ó 1 de marzo
  • Periodicidade Luns, martes e xoves
  • Horario De 16:00 a 18:00
  • Contidos:

    •  Introdución ao funcionamento dos buscadores

    • Recursos en buscadores: web, imaxes, vídeo, libros…

    • Blogs e foros

    • Marcadores e historial

O grupo mínimo para a realización de estes cursos é de tres persoas. Coma todos os cursos impartidos na aula, son totalmente gratuítos.

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.