Información Programa educativo e de dinamizacón da infancia

154

As Pontes, 25 de maio|Información Programa educativo e de dinamizacón da infancia

Información:

A Consellería de Servizos Sociais do Concello de As Pontes pon en marcha unha serie de obradoiros ludico-educativos encravados no programa educativo e de dinamización da infancia. O obxectivo principal é a integración e participación dos menores na vida social, facilitar recursos e alternativas de inserción ós menores e as súas familias e
e dinamizar e fomentar a aprendizaxe a través do xogo. A metodoloxía empregada neste programa será activa, dinámica e participativa.

A través do xogo, traballaremos aspectos fundamentais no desenrolo dos nenos e nenas como a motivación, autoestima, habilidades sociais… todo, a través dunha programación de actividades variadas e creativas onde participen tamén as familias.

Actividades:

  • Pequenos creativos
  • Agylity
  • Photocall
  • Gymcana e picnic especial
  • Chocolateando
  • Sorpresa final

As actividades levaranse a cabo os sábados 3,10 e 17 de xuño e 1, 8 e 15 de xullo no Lar, cun horario de 10:00 a 14:00.

As actividades son totalmente gratuítas e están destinadas ao alumnado de primaria (6-12 anos) con 25 prazas cada sábado.

 Inscrición: Nos Servizos Sociais, Casa Dopeso, 2º andar (Preguntar por Eva). Para participar é necesario cubrir unha ficha de inscrición por fillo/a participante.

Se non te vas a apuntar a todos os sábados lembra que tes que apuntarte as actividades que elixas sempre antes do xoves anterior ao día da actividade.