As Pontes, 8 de agosto| Este xoves, 10 de agosto, ás 17:00h inagurarase a tirolina urbana portátil máis grande de Europa, instalada na praia do lago de As Pontes.
O prezo será de 3 euros por unha tirada e 5 euros por 2 tiradas. Non haberá límite de idade para desfrutar da viaxe en tirolina, que estará instalada na praia pontesa ata o remate do verán.

A tirolina consta de 200 metros de voo e 14 metros de desnivel. Existe un teléfono de contacto dispoñible para os usuarios que requiran dunha información máis detallada: 636.957.737.