A​​​​​​ tenente de Alcalde, Montserrat García e o concelleiro de Réxime Interno e Recursos Humanos, José Alén, asistiron, esta maña, co gallo da celebración do Día Internacional do Libro, á inauguración da nova biblioteca do CEIP da Fraga.

O concello de As Pontes colaborou nas obras de reforma e acondicionamento deste novo espazo de lectura, deseñado para achegar ós ponteses máis novos ó mundo dos libros.