Con  motivo dos bos resultados acadados na I edición do Programa “Móvete por As Pontes”, a Concellería de Industria, Promoción Económica, Comercio e Hostalaría a través do IPPEC, no seu empeño de potenciar transversalmente os  diferentes sectores de actividade local, ponse a traballar de novo no desenrolo da súa II edición, que terá lugar o sábado 27 de xuño.

Un ano máis este programa de promoción económica faise coincidir cunha espectacular modalidade deportiva como é o Airoman, coa que se espera unha imporante afluencia de visitantes á localidade.

Unha mesa de traballo composta pola Concelleira Montserrat García Chavarría, a axente de desenvolvemento local do Concello e cinco membros do comercio local mantiveron o xoves unha reunión co resto de compañeiros e persoas interesadas en participar no programa, onde daban conta dos traballos realizados ata o momento así como as innovacións suxeridas para o desenrolo desta nova edición.

 “Móvete x As Pontes” enmarca diversas  actuacións coma un desfile onde se promocionan os diferentes produtos e servizos dos establecementos ponteses, unha Fasion Night que alberga promocións e descontos especiais e unha campaña de concienciación sobre o comercio local, este ano estamos seguros que presentará algunha novidade máis.

Quedaba así aberto o prazo de inscrición para participar nesta segunda edición, que se poderá realizar  ata o vindeiro día 21 de maio nas oficinas do IPPEC (antigas dependencias da policía local) de 8:00 h a 15:00 h.

A cooperación e o traballo en conxunto entre os diferentes sectores de actividade como son o comercial, o hostaleiro, e os centros de beleza e salóns de peiteados e os servizos, fan de este programa un esforzo conxunto na dinamización e promoción do tecido empresarial pontés, entendendo unha vez máis que “entre todos facemos As Pontes”.