A II edición do Cross Vila das Pontes reunirá mañá, na Fraga, a máis de 200 atletas de todas as idades

59

As Pontes, 5 de decembro| 240 persoas daranse cita mañá mesmo na fraga de dona rita para tomar parte na segunda edición do Cross Vila das Pontes.

O clube local Olympo, xunto coa concellería de Deportes, volvense poñer á fronte desta proba que dará comezo ás 11 da mañá. O punto de saída será a caseta do polbo, dende ahí partirán todas as probas con circuítos que van dos 50 metros para os inscritos na categoría biberón ata os 5, 5 kms da categoría absoluta que é a que conta con máis anotados, superando o cento de inscricións. De feito, entre os participantes nesta proba algún nome propio coma o do atleta Pedro Osorio, campión de españa junior en 800metros en pista cuberta e que, mañá, non vai faltar á súa cita con As Pontes.

Os máis pequenos serán os primeiros en correr, tal e como diciamos cunha distancia de 50 metros, seguidamente iniciarase a proba prebenxamín con 100 metros e a benxamín con 400 metros. Os alevíns correrán un quilómetro e os infantís 1400 metros. Os cadetes contarán cun circuíto de 2 quilómetros e, na categoría absoluta, a distancia a percorrer será de 5 quilómetros e medio. Con respecto aos premios, haberá un agasallo para os tres primeiros de cada categoría ademáis do seu peso en manteigadas para o atleta e a atleta máis veloces da categoría absoluta.

Como é habitual, todos os participantes contarán co seu correspondente dorsal que poderán recoller ata 30 minutos denantes da saída de cada proba no propio local do polbo e, unha vez rematen as diferentes carreiras, procederase á tradicional entrega de premios aos máis rápidos de cada categoría.