RTVEume / Conta atrás para que o barrio da Vila emprenda viaxe no tempo e volva á época da Idade de Ferro e éque, en algo menos de dúas semanas, teremos novamente unha cita coa historia, a segunda xa que se celebrará nas Pontes e que, novamente, levará a veciños e veciñas varios séculos atrás coa fin de coñecer o cómo se vivía naqueles anos e o día a día daqueles homes e mulleres.

Un dos elementos fundamentais para que esta regresión no tempo teña éxito é precisamente o contar cunha vestimenta axeitada, de ahí que, nesta pasada fin de semana a organización do evento, que corre a cargo da asociación cultural lembranza da vila en colaboura co concello, o grupo taranis, cultureume, Coralin Colorado e a plataforma en defensa do patrimonio, decidise xa poñer en marcha algunha que outra actividade para que veciños e veciñas completen as súas roupaxes para tan sinalada data na que As Pontes regresará á época castrexa.

Neste caso, co local de lembranza da vila como escenario, desenvolvéronse ata tres obradoiros de confección de coroas, grebas para as pernas de coiro e bonequeiras no que tomaron parte un total de 22 persoas e que estiveron impartidos por Carolina e Lois, da empresa Coralín Colorado.

Feltro, flores e coiro foron os materiais usados polos asistentes a este curso que, agora tan só teñen que continuar a desenvolver a súa creatividade nos seus respectivos fogares para dar boa conta do aprendido durante estes obradoiros.

Pero ahí non quedan as actividades adicadas á Cita coa historia xa que, tal e como lles adiantabamos a pasada semana, na xornada do venres 3 de xullo, primeiro día de cita histórica, tamén se desenvolverá unha macrovoda celta, dende as 11 da noite e na que poderán participar todas as parellas que así o desexen que se anoten mediante o teléfono 66 54 91 312 e que sexan maiores de idade e vaian vestidos dacordo coa época.

Asemade, durante toda a fin de semana da cita coa historia tamén se instalará un photocall na praza da Igrexa dirixido a que todos aqueles veciños e veciñas que se caractericen para esta volta á idade do Ferro den conta da espectacularidade dos seus traxes e, por riba, poidan levar premio.

Así as cousas, o photocall quedará aberto o venres 3 en horario de 6 a 7 da tarde, o sábado catro de 12 a 1 e de 6 a 7 da tarde, e xa o domingo 5, de 12 a 1 e de 6 a 7 tarde. Xa o día 6 subiranse as diferentes fotos coas correspondentes caracterizacións ao facebook de cita coa historia para que os internautas voten o seu disfraz favorito tanto na categoría de adultos coma na de nenos que recibirán como premio unha réplica dun torque galaico os primeiros e un lote de libros xa os máis pequenos.