I Trofeo de Patinaxe Artística Concello de As Pontes

256

As Pontes, 27 de abril| O Club Patín As Pontes organiza o I Trofeo de Patinaxe Artística Concello de As Pontes, que se levará a cabo o 5 de maio no polideportivo municipal. EN HORARIO ININTERRUMPIDO, DE 09:00 A 20:30 HORAS

As instalacións do Polideportivo Municipal acollerán a 277 patinadoras e patinadores procedentes de diversos clubs: Club Patín As Pontes, C.P. Conxuro A Laracha, Escola Lubiáns, Club Anca, Club Patinaxe Boiro, C.P.A. Brión, A.D. Cristo Rey, Club Patinaxe Galia, C.P.A. Buxaina, C.P.A. Maxia e C.P. Oleiros.