As Pontes, 9 de maio| A primeira edición do concurso escolar Eu Merco en As Pontes celebrarase o venres, 10 de maio, no auditorio municipal Cine Alovi ás 20:00 h.

Un acto no que se expoñerán os traballos dos alumnos/as ponteses e farase entrega dos premios aos gañadores/as. Nesta iniciativa, que participaron nenos e nenas dos colexios locais Monte Caxado e Santa María, e institutos Castro da Uz e Moncho Valcarce, o obxectivo é contribuír á dinamización do sector e á promoción das compras non comercio de proximidadade, un sector fundamental na economía local.

Organizado pola Asociación de Comerciantes e Hostaleiros, Cohempo e coa colaboración do Instituto Pontés de Promoción Económica, IPPEC, e o Concello de As Pontes.