I Campus de verán Lago de As Pontes

196

As Pontes, 27 de xuño| O Club Atletismo Olympo-Matojoma organiza o I Campus de Verán Lago de As Pontes co obxectivo de achegar esta práctica deportiva os nenos máis novos da vila. 

O campus celebrarase os días 17,18 e 19 de xullo, no entorno do Lago de As  Pontes e está dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos.

O número de prazas é limitado polo que é preciso inscribirse, antes do 13 de xullo, neste enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 639 70 80 86 indicando:

  • Nome, apelidos e data de nacemento do neno/a
  • Nome e nº de teléfono de contacto da persoa responsable
  • Indicacións especiais se fosen necesarias (alerxias, intolerancias…)

Para máis información ou dúbidas están a disposición o correo e o teléfono que está habilitado para a inscrición.