Homenaxe despedida á sala de exposicións Mercado Vello

87

As Pontes, 8 de febreiro| Mañá, 9 de febreiro, inaugúrase a derradeira exposición que acollerá a sala de exposicións do Mercado Vello.

Será unha exposición conxunta de dúas entidades locais ARTPO, que amosarán unha colección de pinturas que leva por título “Flores e naturezas” e a Asociación AMIGOS DA MADEIRA que traerá a As Pontes a XI exposición itinerante CONtornos 2017.

Esta exposición poderá visitarse ata o 17 de febreiro.