As Pontes, 21 de xuño de 2019. Corenta e oito alumnos e alumnas do primeiro ciclo de Educación Infantil da Escola Municipal A Barosa celebraron este venres a súa graduación, acto ó que asistiron preto de 300 familiares e co que se despediron desta primeira etapa formativa.

Foi un acto moi emotivo que contou coa participación do persoal da escola e no que tamén estiveron presentes os concelleiros Antonio Alonso, Antonio Castro, Tania Pardo, Maite Méndez e Lorena Tenreiro, encargados de entregarlles os diplomas aos recén graduados e graduadas que comezarán, o vindeiro curso, o segundo ciclo de Educación Infantil.