As Pontes, 5 de outubro| Ademáis da Feira do Queixo e Mel que esta fin de semana será a gran protagonista da programación cultural de Goente, non nos podiamos esquencer doutra das citas que, cada outono, logra atraer a veciños e visitantes a esta parroquia: as súas festas de outono.

E é que os días 13, 14 e 15 tocará vestirse de gala para celebrar as súas festas patronais, en honra á Virxe do Rosario.

PROGRAMA

Venres 13

O programa deseñado pola Comisión de Festexos inclúe para a noite do venres 13 unha verbena coas orquestras La Favorita e Triunfo.

Sábado 14

O sábado 14 a festa comezará á unha da tarde coa celebración da misa, á que lle seguirá a sesión vermú coa Orquestra Principal. Formación que volverá actuar na verbena do sábado, e que estará con toda seguridade do máis concorrida, e é que en Goente actuará a gran París de Noia, con Fátima, Blas, Cibrán e Gema á fronte e un repertorio ateigado de temas do máis bailables para todo tipo de públicos.

Domingo 15

O domingo 15 volverá haber misa á unha da tarde e procesión co acompañamento do grupo Os Trevillas, ademáis da derradeira sesión vermú destes festexos da man dunha gran orquestra aínda por determinar.