As Pontes, 27 de outubro| A novena edición do noso concurso local de tapas deixaba como gañadores ó Bar Trastoy III no voto popular e ó tamén Bar La botellería na cualificación que outorgaba o xurado.

Onte mesmo, a Concelleira de Comercio e Turismo, Ana Pena, presidía nas instalacións do mercado, unha entrega na que tamén estiveron José Rodríguez, presidente de Cohempo, e dous dos tres membros do xurado.profisional que debutaba este ano.

Ademais entregáronse tamén os premios ós veciños e veciñas que resultaron gañadores no sorteo entre as papeletas de voto emitidas.

Foron Iván Fernández, Héctor Fachal, Esther Ramos, Marcos Fernández, Ángeles Gabeiras, Constantino Prieto, María José Alonso, Beatriz Giovanna, e Diego Prieto.

Na gala de entrega de onte agradecíase a participación tanto de hostaleiros como da poboación en xeral, unha vez máis volcados nesta nova convocatoria que volvía batir records, e por parte do Concello entregábanse unhas placas de recordo a todos os locais participantes, que recibiron as felicitacións de organización e xurado.

Os números deste ano falan de 28.585 tapas repartidas nos dez días, o que dá algo máis de 2.000 máis que o ano anterior.

Tamén as papeleteas depositadas para votar pasaron das 1.099 do ano pasado ás 1.280 deste 2.017.

Contabilizáronse tamén ata 12 establecementos que dispensaron máis de 1.000 tapas e outros catro que pasaron das 2.000.

Agora tocará xa ir pensando na edición do ano que ven, na que o listón está moi alto pero, sen dúbida, tentarán superarse nunha cita que, ademais, terá un sabor especial ó cumprir unha década dende o nacemento desta iniciativa.