As Pontes, 5 de marzo| O Lar de Endesa, acolleu unha nova xornada do Fab Lab pontés, onde argalleiros de todas as idades interaccionaron e aprenderon neste espazo maker.

A xornada comenzou cun obradoiro de modelado en 3d, onde os pequenos e grandes utilizaron a ferramenta gratuita Tinkercad para fabricar os seus primeiros modelos. O uso do interface, a creación e manipulación de obxectos primitivos, textos, símbolos… Finalmente aprenderon a exportar os modelos en .stl para levar as impresoras 3d e fabricar o seu obxeto real.

A ultima hora da maña, máis de 50 rapaces e rapazas dos equipos de rugbi do Clube de Rugby Fendetestas, Club Rugby Ferrol e Muralla Rugby Club de Lugo, visitaron o Fab Lab, interesandose polas posibilidades e funcionamento das impresoras 3d, o uso do Arduino e Raspberry Pi nos proxectos que realizamos en Amigus Labs, e as posibilidades de transferencia aos seus proxectos personais. Os mozos tiñan moitas ganas de aprender e fixéronnos moitísimas preguntas durante a hora que estiveron connosco.

De novo a zona arcade coas recreativas feitas en anteriores Amigus Labs volveu a ter a visita de curiosos e xogadores cos clásicos de 8 e 16 bits.

Xa pola tarde puxémonos ao choio coa fresadora, mellorando a sua estrutura e avanzando na sua finalización, completamos os proxectos de reloxos dixitais que tiñamos en desenvolvemento, probamos distintos tipos de estruturas para as caixas  led, e plantexamos melloras no deseño de cúpula xeodésica.

Desde Amigus Labs queremos agradecer a todas as entidades colaboradoras e á súa implicación día a día no proxecto: Concello das Pontes, COHEMPO, ENDESA, EuroEume, Nauta, No Ping, Nodo Dixital, Triade, Severiano Agrocomercial, Escourido Asociados, Clip Carbono, Ferretería Marcos, Lujo, Matojoma, You can school of English, Fitter, Pontesa Marmoles y granitos, Desguaces Vilabella, Óptica Carmela, Galiorient, Servicio Móvil, Areco, Panadería San José, Fotografía Fabian, Don Dino, CONPLC, IcoEume, Preludio Musical, Arprosa, Radio Eter e ao Grupo de Empresa de Endesa.

 

Amigus Labs Maker 18.2