[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]As Pontes 12 maio| A terceira edición do programa de promoción económica “As Pontes Emprende 2016” conta con 29 candidaturas entre proxectos e ideas emprendedoras. Así o concurso de “Ideas Emprendedoras por Estudantes” conta con catro proxectos, o concurso de “Ideas Emprendedoras” conta con cinco proxectos, ao premio como “Mellor Proxecto Autónomo” optan catorce candidaturas e ao premio como “Mellor Proxecto Empresarial” seis candidaturas.

A gala final coa correspondente entrega de premios terá lugar o venres 27 de maio no Autidotiro Alovi ás 20:30 h, na cal intervirán os gañadores das dúas edicións anteriores (Daniel Filgueiras da Empresa Prometal e Simón Cabarcos da Empresa Bildaxe Sport).

O Concelleiro de Industria D. Juan Carlos Romeu Montero, expresa a súa satisfación polo gran número de participantes desta terceira edición, sendo consciente das dificultades que terá o xurado dado o alto nivel de cada un dos proxectos presentados. Á súa vez mais agradece a colaboración da Asociación SEARA, Asociación Euroeume, Asociación de Comerciantes e Hostaleiros das Pontes, así como á Asociación Aje Ferrolterra polo seu labor e colaboración no presente programa de promoción económica e emprendedora.

Como nas anteriores edicións, a gala “As Pontes Emprende 2016″ contará cunha homenaxe a un empresario local, neste caso o consenso foi unánime entre o Concello das Pontes a través do IPPEC e as respectivas asociacións empresariais do municipio. Así D. Valentín González Formoso, Alcalde das Pontes, será o encargado xa na fase final do certame, do presente recoñecemento por toda a súa traxectoria empresarial e como exemplaridade de emprendedurismo local de éxito a D. Benvido Acebrón Álvarez.[/fusion_text][imageframe lightbox=”yes” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/fullwidth]