As Pontes, 9 de xaneiro| A FRAGA: Espectáculo das escolas municipais de baile moderno, danza clásica e flamenco e o grupo de teatro O CATRE, organizada pola Concellería de cultura.

Como cada ano esta gala vai destinada a recaudar fondos para unha causa solidaria, nesta edición a elixida é a campaña de micromecenado BIOPSIA LÍQUIDA levada a cabo polo grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, ONCOMET. A este grupo pertencen dúas investigadoras pontesas, María de la Fuente Freire e Francisca Vázquez Rivera.

A gala será o sábado 20 de xaneiro, con dúas funcións:
– ás 17:30 h actuarán os grupos dos máis pequenos da escola acompañados dos xóvenes de baile moderno.
– ás 20:30 h actuarán os xóvenes e adultos da escola

Venta de entradas (taquilla do Auditorio M. Cine Alovi)
– Xoves18: 19.00 -20.30h
– Venres 19: 12.00 – 13.30 h / 18.30 – 20.30h
– Sábado 20: 12.00 -13.30 h

Prezo: 3 €
*haberá unha FILA 0 para todas aquelas persoas que non asistan á gala pero desexen facer unha colaboración desinteresada a este proxecto