Finalizan as xornadas formativas en reanimación cardiopulmonar promovidas pola concellería de Deportes

39

As Pontes, 26 de outubro| Mañá, 27 de outubro, finalizan as xornadas formativas en RCP, reanimación cardiopulmonar promovidas dende a concellería de Deportes do Concello pontés.

A Doutora e o técnico sanitario encargados da súa impartición acudiran desta vez ó Instituto Castro da Uz.

Alí explicarán ós alunos e alunas como actuar diante dunha situación de parada cardiorespiratoria.

Contarán con senllos bonecos de RCP nos que puideron poñer en práctica o aprendido. E logo recibirán cadansúa guía.

E hoxe comezou o curso de manexo de desfibrilador Desa.

Un obradoiro gratuíto que contará con tres sesións nas que participan representantes de entidades deportivas locais.

Unha vintea de participantes aprenderán os contidos teóricos e prácticos destinados a cubrir as normativas en materia de soporte vital e desfibrilación

O obxectivo destes cursos de Soporte Vital Básico, DESA é ensinar e achegar á poboación manobras de RCP e desobstrución da vía aérea por corpo estrano en victimas de todas as idades, así como o uso dos desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) con seguridade.

Ademais, nesta formación, abórdase a cadea de supervivencia: recoñecer os signos e síntomas do paro cardiaco e alertar ós servizos de emerxencia, iniciar as manobras de RCP precoz, desfibrilación temperá e coidados prehospitalarios y de soporte vital avanzado

O xoves e o venres entre as 4 e as 9 da noite, serán as primeiras dúas xornadas, e a terceira e última, o sábado día 4 xa pola mañá.