As Pontes, 28 de xuño| Este fin de semana celebramos os finais de curso das escolas municipais culturais de baile moderno, danza clásica e flamenco.

O espectáculo deste ano está inspirado na natureza, nas Fragas. Nos adentraremos no corazón dun bosque imaxinario, poboado de distintas especies naturais e unha grande diversidade de seres fantásticos.

O venres 30 de xuño ás 20:30h será a actuación dos máis pequenos destas escolas.
O sábado 1 de xullo os máis “veteráns” da escola ofrecerán dúas funcións, a primeira ás 18:00h e a segunda ás 20:30h.

Para poder asistir a estas representacións deberán retirar INVITACIÓNS (máximo 2 por persoa) o venres 1 de xullo de 12:00 a 13:30h. E o sábado media hora antes de cada función.