Festas patronais en Marraxón

302

As Pontes, 12 de setembro| Saa e Pena de Francia foron as grandes protagonistas da festa durante a fin de semana pero, ao longo do mes de setembro e incluso tamén de outubro, outros puntos do noso Concello tamén porán en marcha as súas festas de barrio.

Marraxón será un destes lugares onde poderemos desfrutar de música, citas litúrxicas e moita festa xa que o sábado e mailo domingo van festexar a súa homenaxe á súa patroa: a Virxe dos Remedios.

O programa ideado pola comisión de festexos é do máis intenso. O sábado á 13:00h teremos a primeira das actividades da fin de semana cunha sesión vermú que se encargará de protagonizar o grupo Sintonía de Sancovade. Á noite, esta mesma formación repetirá na verbena nocturna aínda que coa compaña da solista Ana Cristina.

E o domingo teremos misa á 13:00h e a segunda sesión vermú da fin de semana, neste caso co dúo integrado por Suso e Maite.