Festa do rugby galego en As Pontes

318

As Pontes, 14 de maio| O CR Fendetestas organiza a Copa Xunta de Galicia, que reunirá máis de 30 equipos galegos para disfrutar dunha gran xornada nos Campos de O Poboado (instalacións cedidas polo CD As Pontes).

Desde as 10 da mañá disputaranse partidos de rugby seven nas categorías sub14, sub16, sub18, senior feminino e senior masculino.
Ao tempo celebrarase un torneo de veteráns nas mesmas instalacións. A entrada ao evento será de balde durante todo o día.

Para finalizar a xornada, o CR Fendetestas celebra o seu 30 aniversario cunha cea na carpa do CEIP Santa María.

O prezo da cea é de 25€ e o menú está composto por langositnos, xarrete de tenreira, postre, café, chupito e bebida.  O prezo do menú infantil é de 12€ para maiores de 10 anos, sendo de balde para os menores desa idade.  Os tickets para a cea están á venda no Bar O Lar, Bar Calvo, Trastoy 3 e Oficinas AXA ata hoxe martes, 14 de maio.

Ademais, tamén hai a opción de reservar os tickets por teléfono e facer o pago a través de ingreso bancario (ABANCA ES84 2080 5200 3530 4000 5419).

Datos de contacto:

Contamos con todos vós para celebrar [email protected] 30 anos de moito rugby!