obradoiro Nadal

As Pontes, 19 de decembro| Este sábado 17 de decembro completamos as actividades programadas da EcoEscola do trimestre 2016, e que se enmarcan dentro da campaña municipal de concienciación ambiental Rqu3R.

O obradoiro de Adornos de Nadal a partir de refugallos tivo moi boa acollida nas familias pontesas e da comarca. O sábado fixemos a segunda xornada do obradoiro na que 17 nenas e nenos puideron aprender en familia a reutilizar residuos de forma creativa para facer adornos de Nadal. Un total de 40 persoas pasaron pola EcoEscola As Campeiras para participar nos obradoiros de Nadal.

Durante os obradoiros de forma de divertida déuselles unha segunda vida a tarros de marmelada, rolos de papel hixiénico, catálogos publicitarios e briks de leite para convertelos en bólas de neve, reis magos, árbores de Nadal e estreliñas.

O balance tanto desta actividade como das outras ofrecidas pola EcoEscola dentro da Campaña Rqu3R durante o 2016 foi moi positiva, tanto polo número de participantes como pola boa acollida coa que foron recibidas.

+ info: www.auladareciclaxe.es