¿Cal é a historia da Asociación Deportiva Montaña O Caxado?

O club de montaña O Caxado é unha entidade moi xoven no noso concello posto que nace a finais do ano 2005, promovida pola inquietude de unirse para compartir unhas afeccións en pleno auxe na sociedade que nos rodea como é o senderismo.

A entidade nace enfocada á realización do montañismo, escalada, senderismo e btt, aínda que cunha maior aficción ao senderismo por parte dos socios, sendo na actualidade a disciplina cunha maior cantidade de afeccionados. Cumprindo o mínimo esixido pola

federación para formar a xunta directiva: Jorge Rodríguez Borrajo, Manuel Doce Blanco, Daniel Purriños, Javier García Sanchez e Xoán Domínguez Cabaleiro, toman a iniciativa de poñerse ao frente do club e comenzar xunto cunha vintena de socios a facer camiñantas polos montes e camiños cercanos, tanto do pobo como doutros concellos durante as fins de semana (saídas de varios días para facer montañismo polas serras do Xistral así como por Ancares, Courel, Xures etc). Un grupo máis pequeno tamén practica a escalada nas vías existentes nas paredes da canteira do eume, tentando de ensinar a tod@s aqueles que desexan iniciarse en dita actividade.

Máis tarde muda parte da directiva pasando a dirixir o clube durante dous anos: Jesús Caaveiro, Arcadio Bello, Martín Blanco, etc…, durante os cales o club logrou poñer en marcha o proxecto da única ruta homologada do concello a PR-G 147, entre outras actividades de interese.

Pasados dous anos a xunta directiva volta a mudar e pasa a ser dirixida por: Óscar Tomás Carballo, José Seoane, Marta Meizoso, Jesús Caaveiro e Tania Caaveiro. Durante esta tempada o club logra consolidar a PR-G 147 pasando a poder desfrutar da mesma de varias maneiras: camiñando, correndo e incluso facendo un tramo da mesma en canoa autovaciable. Realiza tamén actividades para persoas de todas a idades, incluso colabora cos colexios do pobo ensinando aos rapaces os camiños dos arredores así como valorar o medio natural.

Manuel Doce Blanco, Presidente da Entidade Deportiva de Montaña O Caxado

Cunha directiva renovada fai dous anos e gracias á labor feita durante o transcurso de vida do club, ésta consegue seguir sumando cada ano unha cantidade importante de socios e socias, tendo na actudalidade a cantidade de 182 socios/as, e 86 federados pola FEDME, nos cales se respalda para poder facer un calendario con case 50 actividades anuais, englobando todas as disciplinas coas que conta o club. Neste mesmo intre o senderismo é a actividade que leva o peso do mesmo, pola cantidade de participantes cos que conta nesta disciplina, posto que dita actividade non presisa dun equipamento especial nin dunha gran forma física e permítenos desfrutar dos valores etnográficos e culturais da zona na que se practica.

¿Qué actividades levades a cabo dende a Asociación? ¿tendes na actualidade algo entre mans sobre isto?

Ó comezo do ano prográmanse unha serie de actividades tanto de senderismo, montañismo como de algúns cursos, elaborando un calendario con todas estas actividades para todos/as os/as socios/as. Este calendario pode verse na páxina web do Club: www.clubmontañacaxado.es. Todos os martes realízase unha reunión para informar das actividades que xa están programadas e doutras que van surxindo, as cales soen facerse os domingos polas mañás con percorridos de corta distancia. Este ano temos programadas un sinfín de actividades, entre elas destacamos, unha saída de alta montaña por Ordesa (Huesca) durante 5 días e onde participaron 15 socios/as.

Estamos traballando como cada ano na ruta que organizamos para todos os públicos e para calquera persoa que desexe anotarse, A Travesía das Fragas do Alto Eume, a cal transcorre pola ruta señalizada PR-G 147 do noso concello, na que será a VII edición. Nos pasados anos contamos cunha gran afluencia de persoas de todo o territorio galego e con algunha xente de Castilla León. Na pasada edición contamos cun total de 387 participantes.

Por outra parte temos un pequeno grupo de participantes tanto na copa galega de andainas como de carreiras de montaña, a cal organiza a federación Galega de Montaña. Estas probas están espalladas pola xeografía galega.

Tamén se realizan Xornadas de portas abertas no rocódromo do concello veciño de Ferrol para todos/as aqueles interesados/as en probar as sensacións de subir por unha parede vertical; colabórase con distintas entidades como ASPANAES e centros educativos do pobo para axudar na organización de actividades (rutas polo pobo e fóra del, visitas ao rocódromo, entre outros) e realízanse rutas pola xeografía da contorna de corta duración, aproximadamente duns 20km, aptas para calquera persoa sen unha gran forma física. Os obxectivos destas actividades son poder disfrutar en compañía dun paseo e facer exercicio físico pola natureza.

¿Cal é a filosofía da Asociación Cultural Deportiva?

É unha entidade sen ánimo de lucro cunha filosofía clara sobre a natureza co fin de fomentar uns valores como: responsabilidade, compañerismo, esforzo e bos hábitos para desenvolver actividades no medio natural. Traballamos coa idea de dar unha alternativa ó ocio e ó tempo libre cunhas actividades que señan motivadoras para os participantes sobre todo facendo hincapé nos rapaces e rapazas máis novos. Aunque o club naceu da man dun grupo dedicado ó montañismo i escalada, ahora existe una amplia maioría dedicada ó senderismo, posto que é unha actividade máis accesible a calquera público sen diferencia de idade, contando con xente tanto deste pobo como dos arredores do mesmo.

Dende a dirección inténtase que todos poidan participar e dar a súa opinión para levar a cabo a organización de todas as actividades promovidas. Tentamos facer cousas nas que poidan participar os máis novos da casa, os cales serán os posibles socios/as nun futuro non moi lonxano, ós que debemos ensinar uns valores polo respecto do medio natural para seguir coidando nel.

¿Qué obxetivos/metas vos marcades?

Gran parte dos obxectivos é ir adaptándose ás necesidades e características marcadas en función da demanda dos socios/as, aínda que sempre tentando facer un pequeno aliciente para todos/as aqueles indecisos na participación das nosas actividades con novidades; así como de tentar chegar con forza para lograr unha maior afluencia nas actividades do club e mostar os beneficios da realización de actividade física na natureza.

Outro dos obxectivos é amosar o medio natural e patrimonial co que conta o noso concello e de paso tentar minimizar o máximo posible o aspecto negativo da gran industrialización que sufriu o noso pobo a causa da central eléctrica e a mina de carbón, a cal foi convertida no maior lago artificial de Europa, e xunto coa escombreira en un paraxe embelecedor para a práctica das nosas actividades.

Tentar contar cunha instalación para montar un rocódromo, para pode ensinar a disciplina da escalada durante todo o ano tanto os maiores como os nenos dos colexios.

¿Cómo se vive nas Pontes as actividades relacionadas coa  montaña?

O Concello de As Pontes dende sempre estivo vinculado ó deporte. Foi un privilexiado gracias á axuda e fomento por parte das empresas Calvo Sotelo e Endesa. Dende sempre camiñar foi un deporte de masas simplemente por afección ou por prescripción médica, pero dende que naceu a nosa entidade hai unha organización e unha programación para poder facelo en compañía e de maneira organizada. Entendemos que dita actividade está en pleno auxe e que pode ser debido ó momento de crise que nos tocou vivir na actualidade. Temos unha gran cantidade de socios/as e non socios/as que asisten ás convocatorias para facer rutas e coñecer lugares, sempre están preguntando “¿a onde imos este domingo?”, desexando que chege para explorar e coñecer   novos lugares.