As Pontes, 20 de febreiro| O vindeiro 3 de marzo, no Lar de Endesa en As Pontes, terá lugar unha nova xornada de traballo de Amigus Labs, un espacio dedicado o arte, creación dixital e formación.

Na xornada do Amigus Labs • Maker 18.2 seguiremos traballando cos nosos prototipos, mediante Arduino e Raspberry PI, avanzaremos no prototipo da instalación interactiva, unha instalación manexada mediante o internet, onde os usuarios podrán interactuar cos obxectos fabricados no Fab Lab pontés.

Tras as probas na pasada sesión do mes de febreiro do robot velocista, levaremos acabo a montaxe dos robots velocistas de competición, pequenos vehículos intelixentes de carreiras, controlados por un microcontrolador ATmega328 con micromotores, Bluetooth e repleto de sensores, cámaras…

Outro equipo de traballo pondrá a punto a CNC, cos últimos retoques na estrutura para poñela a pleno rendemento.

Dentro da zoa Amigus Labs Kids comezaremos un novo proxecto realizaremos durante as vindeiras 4 sesións; a creación de reloxos dixitais. Nesta primeira sesión analizaremos o produto, aprenderemos a modelar en 3D e como imprimir as nosas pezas nas impresoras 3D. É recomendable traer un portátil ou PC para traballar cada un no seu propio equipo.

A idade mínima para participar tanto no obradoiro como na Amigus Labs é de 8 anos en adiante, a inscrición é gratuita.

Tódalas actividades realizaranse de 11:00 a 20:00, facendo unha parada para comer de 14:00 a 16:00. Comeremos no Lar, cun prezo de 15€/persoa (opcional).

Para asistir á Amigus-Labs tamén podes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso do oordenador).

– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi – Regreta de enchufes.

– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.

– D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

– Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus-Labs arte e creación dixital, e que instales un antivirus.

A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 1 de marzo. Podes apuntarte enviando un email a [email protected] (prazas limitadas). Os menores deben traer a autorización dos pais/tutor para asistir a Amigus Labs (PDF).

Organizan:

Asociación Informática Amigus • Amigus Labs • Merca Nas Pontes

Colaboran:

Concello das Pontes • COHEMPO • ENDESA • EuroEume • Nauta • No Ping • Nodo Dixital • Triade • Severiano Agrocomercial • Escourido Asociados • Clip Carbono • Ferretería Marcos • Lujo • Matojoma • You can school of English • Fitter • Pontesa Marmoles y granitos • Desguaces Vilabella • Óptica Carmela • Galiorient • Servicio Móvil • Areco • Panadería San José • Fotografía Fabian • Don Dino • CONPLC • IcoEume • Preludio Musical • Arprosa • Radio Eter • Grupo de Empresa Endesa

Amigus Labs é un proxecto da Asociación Informática Amigus.

O noso obxectivo é achegar posibilidades novas cada día, e facémolo poñendo en contacto persoas, ideas e proxectos, e facilitando o acceso a tecnoloxía e recursos.

Amigus Labs está formada por persoas curiosas e con ganas de aprender nun entorno de traballo amigable. Con acceso á tecnoloxía e compañeiros que nos axudarán na nosa aprendizaxe e con ese proxecto que tes en mente, que sabes que pode facerse, pero que agora non sabes como.

Amigus Labs é un proxecto en fase de desenvolvemento para a creación dun Laboratorio de Arte e Creación Dixital. Nestes espazos os deseños realizados por computador pódense materializar en obxectos reais.

O proxecto centrarase na creación dun espazo de traballo comunitario para fomentar o uso e o coñecemento da fabricación dixital e as novas tecnoloxías.

Amigus Labs poñerá a disposición de todos os cidadáns coñecementos e máquinas de precisión controladas por computador para poder realizar e desenvolver as súas ideas. Descubrirás o fácil que é chegar a usar as novas tecnoloxías para fabricar case calquera cousa, a través dun programa educativo de sensibilización que comprende talleres, actividades e cursos de capacitación relacionados coa arte e creación dixital.

Desde a cultura ‘open source’, baseada no concepto de compartir o coñecemento e fomentar o intercambio aberto de ideas. Queremos crear un impacto social e tecnolóxico a escala local empoderando aos cidadáns de As Pontes e comarca a través do uso de novas tecnoloxías, a reciclaxe e a creatividade.

O noso obxectivo é converternos nunha ferramenta educativa e creativa aberta para todos os públicos, a través dun espírito baseado na colaboración, o deseño e o coñecemento compartido.

Amigus Labs é un proxecto en fase de procura de colaboradores e financiamento, que nos permita dispoñer dun espazo físico entendido como espazo de traballo, estudo e desenvolvemento de proxectos.