Exposición “HUMOR DO PAIS”de Luís Davila

158

As Pontes, 27 de xuño| A mostra “O humor do país”, de Luís Davila, ábrese o 29 de  xuño, ás 18.30 horas.
Os amantes da retranca e do humor máis autóctono teñen unha cita  na sala de exposicións do Mercado Vello de  As Pontes  ata o vindeiro 22 de  xullo. A exposición “O humor do país” recolle unha selección das xeniais viñetas de Davila, organizadas temáticamente: cuchipandas, o tempo, o viño, a morte, deportes, o mar, bicherío, etc. Nela, personaxes como Dora, Tucho, Marselino, Chelo, Sinda ou Palmira, recrean a maneira de ser, de sentir e de vivir dos galegos e das galegas. 

Horario de visitas da exposición: de luns a xoves , de 12.00 a 13.30 horas e de 18.30 a 20.00h horas, e  venres e sábados, de 12 a 13.30 horas.  Nas festas do Carme horario de apertura especial.

O humorista que tantos sorrisos esperta  estará o mércores 19 de xullo  nos xardíns campo da feira  realizando un xogo , “Cadáveres exquisitos” no que poderás ser participe dun debuxo colaborativo.