As Pontes, 18 de xullo| A mostra fotográfica estará exposta no Parque Municipal durante as Festas do Carme e fórmana 15 estruturas con máis de 200 imaxes antigas.

A exposición “Daquela As Pontes” propón un paseo polo pasado do noso concello, con imaxes que invitan á reflexión, ao coñecemento e ao recordo de momentos relevantes para a nosa xente durante o século pasado.

A mostra está clasificadas en 15 temas: a escola, a música, o deporte, o vida no campo, a familia, as rúas, as festas, as tradicións e as celebracións populares, o transporte, o traballo e a industria.

Este proxecto é froito da xenerosidade das veciñas e veciños que durante o último ano, compartiron en 36 obradoiros, os seus recordos para construír un álbum de imaxes e lembranzas da historia do noso pobo.

A día de hoxe, contamos con máis de 1.600 vivencias, e esperamos sumar moitas máis. Así que se queres facer medrar, o desexo de que o noso pasado ilustre o noso futuro, animámoste a que nos envíes as túas historias a [email protected] ou que nos visites na Aula CeMIT As Pontes da Casa Dopeso.

Agardamos que a desfrutes!