Exposición “As nosas festas”

117

As Pontes, 18 de xullo|Desde hoxe e ata o mes de agosto, nos xardíns do Campo da Feira, ponteses e visitantes poderán gozar dunha exposición sobre a historia das Festas do Carme e a Fraga. Unha mostra que fará un percorrido polas festas patronais da vila que se veñen realizando desde máis de dous séculos. A construción da Capela do Carme, a confraría, os actos litúrxicos, a primeira revista das Festas, os carteis e os programas, a cea das Carmes, a primeira alfombra floral, a Festa do 18 de Xullo e a Festa da Illa, centran o contido desta exposición organizada polo Concello de As Pontes a través de imaxes e ilustracións, ao longo de máis de 36 paneis.