Pontedeume 1865-2015

Esta exposición fai repaso da vida da Vila Eumesa, a través da mirada dos seus fotógrafos máis representativos, así como, de documentación propia do asociacionismo mariñeiro da época, facendo especial incidencia á condición de vila mariñeira, servindo como exemplo para ilustrar a evolución vivida dende a pesca tradicional ata a pesca industrial. Un pouco antes ou un pouco despois, este proceso experimentouse en todos os peiraos galegos polo que, sen renunciar a un claro caracter local, esta exposición pretende informar dunha importante etapa histórica común a todos galegos.

A exposicións consta de tres audiovisuais, maquetas de embarcacións de traballo e un cento de fotografías da comarca eumesa, realizadas dende 1865, polo que algunhas cumpren 150 anos.

Do 30 de abril ata o 11 de maio de 2015

Sala de exposicións Mercado Vello

Horario: de martes a venres de 18:30 a 20:00h e sábados de 12:00 a 13:30h

Esta mostra está promovida por 8mares,la Deputación da Coruña e o Concello das Pontes.