Onte, martes 11 de agosto, realizouse por segunda vez unha visita guiada ás instalacións que DELAGRO ten en As Pontes. José Luís, xefe de planta, recibiu e acompañou en todo momento aos 20 visitantes, entre os que se atopaban persoas procedentes de Ribeira e Madrid, que están a veranear na comarca. Coñeceron o engranaxe da maior cooperativa agroganderia do norte de España, integrada por máis de 20.000 familias e 80 cooperativas sociais de Asturias, Cantabria e Galicia.

As instalacións de DELAGRO en As Pontes, inauguradas en 2015, serven como planta loxística onde reciben os pedidos dos seus cooperativistas e os distribúen. Tamén se encargan de preparar fertilizantes propios (Bisannia) e alleos (Yara).

Ao rematar, a visita continuou con parada na Vilavella, no Lago e no Poboado das Veigas. Precisamente no espacio mineiro, os asistentes puideron pasear polo entorno da praia e tomar un café ou refresco.