cropped basketball player in wheelchair at outdoors

As Pontes, 23 de novembro| Para o mes que ven , e para a xornada do luns día 4 , está programada unha xornada organizada pola Concellería de Deportes xunto coa Asociación A Xanela, vencellada ao deporte inclusivo a través do baloncesto adaptado.

Esta actividade, que se vai desenvolver no pavillón de Monte Caxado, contará coa colaboura do Basketmi Ferrol e o C. B. As Pontes, e ten por obxecto dar a coñecer o deporte inclusivo con participantes desta disciplina do baloncesto en cadeira de rodas. A actividade dará comezo ás cinco e media da tarde e durará dúas horas, nas que se inclúe unha breve presentación, para a continuación dar lugar a unha exhibición de baloncesto na cadeira de rodas, para que posteriormente os asistentes podan ter a oportunidade de participar e coñecer por sí mesmos estas modalidades, así como experimentalas de acordo co enfoque inclusivo desta iniciativa.

A experiencia denominada “Ponte no meu lugar e participa”, chega a As Pontes ó abeiro da conmemoración, o día 3 de decembro do Día internacional das persoas con discapacidade.