As Pontes, 22 de febreiro|Éxito de participación na charla informativa que se celebrou o luns, 20 de febreiro, no Alovi. Organizada polo Concello das Pontes, acudiron ao redor de 600 veciños e veciñas das Pontes, que puideron resolver as súas dúbidas sobre a praga da polilla guatemalteca da pataca. Foi impartida  por D. Ángel Alvariño, Enxeñeiro agrónomo e D. Antonio Rivera, Técnico da Consellería do Medio Rural e o obxectivo era informar sobre a normativa sobre as plantacións para autoconsumo e sobre a normativa reguladora da loita contra a praga.