Decembro, 2018

31dec5:30 pm7:00 pmVIII San Silvestre de As Pontes5:30 pm - 7:00 pm

Detalles do Evento

O Club Atletismo Olympo organiza, o vindeiro 31 de decembro de 2018, a VIII San Silvestre de As Pontes.

Unha carreira festiva que os/as participantes despedirán o ano e darán a benvida ó 2019 cos seus mellores disfraces que nesta ocasión deberán xirar entorno o mundo dos Superheróes.

A proba, cunha distancia aproximada de 5 kms estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuízes da Federación Galega de Atletismo e nela poderán participar atletas federados e non federados.

A inscrición é de balde para as categorías inferiores e pódese formalizar en www.carreirasgalegas.com ata o venres, 28 de decembro. (Nome e apelidos, data de nacemento, club e DNI)

A organización premiará que cada atleta saque o seu mellor disfraz para participar na proba polo que quen desexe ter acceso ós premios ó mellor disfraz das categorías infantís individuais e da categoría individual absoluta deberá de por o nome do disfraz, no apartado correspondente, cando se realice a inscripción en www. carreirasgalegas.com

Máis info ? http://ow.ly/IMAf30mVjyD

Horario

(Luns) 5:30 pm - 7:00 pm

X