As Pontes, 15 de Setembro do 2017

Os alumnos e alumnas da actividade de Fotografía da Xerencia Integrada de Ferrol, expoñen o seu traballo, Teatro Hospitalario , na casa  Dr. Dopeso de As Pontes ata o 25 de outubro.

  • Pódense ver 30 fotografías que amosan as diferentes miradas dos e das alumnas en torno a un mesmo feito, a incursión de catro actores  do grupo de teatro  O catre no ámbito das consultas de Neuroloxía
  • Estes actores  da compañía O catre son do Concello de As Pontes, por iso, tras estar preto de dous meses no corredor principal do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol estará nas instalacións pontesas.
  • Estas clases enmárcanse nas distintas actividades de cultura e o deporte que desenvolve a Asociación Deportiva e Cultural dos profesionais da área.