As Pontes, 22 de novembro| Presentamos o evento cultural estrela do nadal pontés 2017.
Temos a sorte de ser un dos dous puntos galegos elixidos por La Fiesta Escénica Circus Show para gozar do seu show internacional Galtük, un soño de Nadal, do 8 ao 10 de decembro no auditorio municipal Alovi

A Festa Escénica presenta Galtük, un soño de Nadal, un espectáculo circense de gran
formato. Tras exitosas tempadas no nadal do Circo Price en Madrid, en Italia no Teatro Vaticano ou co Cirkus Roncalli en Alemania no teatro Tempodrom, entre outros.

A compañía galega volve a sorprendernos cun espectáculo único para toda a familia repleta de alucinantes acrobacias, trapecistas e clowns, creando una atmósfera chea de maxia, luz e cor que explora a infancia e os soños.

Datas

  • 8 de decembro 20:30h
  • 9 de decembro 16:30h e 19:00h
  • 10 de decembro 16:30h e 19:00h
  • PREMIO  RONCALLI 2011 do prestixioso circo alemán.

Podes mercar xa as túas entradas na Casa Dopeso (de 09:00 a 14:00h de luns a venres laborais) ou na taquilla do auditorio Alovi (dúas horas antes da función). 5€ nen@s e 10€ adulto.