Estrea curtametraxe O Túnel

106

As Pontes, 23 de outubro| O próximo venres 27 de outubro ás 20h. estréase a curtametraxe “O Túnel”, cuxo guión foi gañador do “III Concurso de Guións Contra a Violencia de Xénero” 2016, organizado pola Deputación da Coruña. Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade. Terá lugar na Casa Dopeso no Concello de As Pontes de García Rodríguez.

O traballo amosa a historia de María, unha rapaza anulada polos micromachismos imperantes na sociedade e vítima da relación tóxica que ten co seu mozo Juan Pablo. Esta situación fai que entre nun túnel cara á morte e que teña poucas posibilidades de saír del. Unha historia sobre o maltrato e a violencia de xénero rodada integramente en As Pontes e dirixida polo alumnado do IES Moncho Valcarce: ALBA ANTÚNEZ, CRISTINA FERNÁNDEZ, CARMELA FRANCO, JESSICA MOLEDO, LUCÍA PERNAS, NOEMI PURRIÑOS E ROMÁN VARELA gañadores do premio.
Na curtametraxe participan EVA GONZÁLEZ, RUBÉN MOLEDO, SARA DOPICO, ANDRÉS PITA, XENARO SABORIDO, NURIA DURÁN, dando vida aos distintos personaxes da historia, e moitas outras persoas que fixeron de figurantes na mesma. Ademáis o traballo conta coa colaboración musical de 2Gether, e amosa localizacións como o CPI Monte Caxado ou A Cova dos Trasnos entre outros.
A curtametraxe foi desenvolvida no verán de 2017 como resultado do obradoiro dirixido por Belén Montero e Juan Lesta da produtora Esferobite, e estará accesible nas redes despois da estrea.
Máis información: