Este domingo 700 competidores enfrontaranse ó único triatlón de longa distancia Ironman de Galicia

224

As Pontes, 12 de xuño| A nova edición do NORTHWEST TRIMAN está xa en marcha. Este domingo 700 competidores enfrontaranse ó único triatlón de longa distancia Ironman de Galicia ou ben á proba paralela de media distancia.

O concello de As Pontes acollerá a celebración dunha proba deportiva que foi presentada no salón de plenos do Concello de As Pontes durante unha rolda de prensa, contou coa asistencia do tenente de alcalde Antonio Alonso, o concelleiro de Deportes, Jesús Tembrás, e a concelleira de Turismo Ana Pena.

Na presentación estiveron tamén representantes do Clube organizador, da Federación Galega de triatlón e dos principais patrocinadores.

A cita deste domingo recupera a condición de campionato galego de longa distancia, cos 3,8 km nadando, 180 pedaleando e rematando cunha maratón de 42,2 km, e á vez poderase participar tamén no percorrido de media distancia con 1,9 km de natación, 90 de ciclismo e 21,1 correndo.

Ás sete e cuarto da mañá darase a saída á media distancia e un cuarto de hora despois comezará a longa distancia, na que xa é a sexta cita, e que este ano chega con novidades.

Ademais da competición propiamente dita, teremos un novo atractivo para acompañantes e afeccionados, cun programa que comezará o sábado e que incluirá xogos infantís, gastronomía e concertos, todo no entorno do lago.

O domingo poderemos disfrutar dunha proba única, e coñecermos quen sucede ó portugués Rafael Delaunay e á madrileña Ana López, vixentes campións do Ironman pontés.