RTVEume/ A asociación de viuvas María Magdalena pechou onte unha nova edición dos obradoiros de risoterapia que o Concello de As Pontes estivo a impartir, gratuitamente, mediante a concellería de servizos sociais e coa colaboura da Deputación da Coruña.

Os concelleiros José Alén e Isabel Fornos foron os encargados de presidir a tradicional entrega de diplomas nun obradoiro no que tomaron parte unha vintena de veciñas de As Pontes e que, semana tras semana, se estivo a desenvolver nas dependencias da aula polivalente da Casa do Dopeso.

Durante estas clases, as participantes aprenderon a exteriorizar as súas emocións e empregar a risa para o seu benestar. De feito, o rirse estimula o sistema nervioso e permite liberar endorfinas, o que repercute positivamente no sistema inmune e endocrino. Asemade, segundo os expertos, rirse axuda a diminuír a percepción da dor, a combatir o estrés e o insomnio, a reducir a ansiedade e a mellorar a función pulmonar.

Todos os segredos desta técnica psicoterapeutica se abordaron ao longo deste obradoiro que, de seguro, que terá continuidado o vindeiro ano grazas á gran acollida recibida polas súas participantes.