Acto de entrega de diplomas do Programa “Deseñando o teu futuro”

578

As Pontes, 11 de outubro| O 10 de outubro tivo lugar no Salón de Plenos do Concello das Pontes de García Rodríguez a entrega de diplomas do Programa “Deseñando o teu futuro”.

Neste Programa, subvencionado pola Consellería de Política Social, destinado a realizar estadías-visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas/entidades públicas ou privadas para que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación, participaron 7 rapaces e rapazas da vila de entre 14 e 17 anos.

Foron tres as entidades colaboradoras que, xunto co Concello das Pontes de García Rodríguez acolleron as estadías-visitas, ensinando aos participantes a desenvolver distintas tarefas de diversos sectores empresariais. Así, realizaron estadías-visitas en Xaraleira, do sector gandeiro, Seguros San Roquiño, do sector asegurador e no Concello das Pontes, recorrendo os distintos departamentos municipais. Como colaboración especial, contouse tamén coa Asociación de Empresarios Seara, onde visitaron as súas instalacións e onde coñeceron de preto algún dos proxectos emprendedores alí asentados.

Na entrega de diplomas participaron Montserrat García Chavarría, primeira tenente de alcalde do Concello das Pontes, Cecilia Vázquez Suárez, directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Pepe Castro, en representación da Asociación Seara, Jose Vilaboy, xerente de Xaraleira e Carlos Durán, xerente da Asesoría de Seguros San Roquiño.

 

ACTO DE ENTREGA DE DIPLOMAS PROGRAMA "DESEÑANDO O TEU FUTURO"