RTVEume| A edil de emprego en funcións Ana Pena, presidiu onte á tarde á entrega de diplomas correspondente aos tres cursos de busca de emprego e potenciación de recursos, habilidades e formación, que se estiveron a desenvolver, ata o pasado mes de maio, nas dependencias do centro de dinamización de Seara, no polígono de Penapurreira.

A concelleira de emprego agradecue aos presentes o traballo, esforzo e entrega nestas intensas horas de formación, que serviron para ofrecer novas ferramentas e recursos aos desempregados, que lles permitan lograr unha maior accesibilidade ao mercado laboral.

Das prazas ofertadas inicialmente, cubríronse 37, o que supuxo unha gran resposta da veciñanza a esta novidosa actividade formativa, que estivo integrada por 60 horas de contidos teóricos e prácticos, nos que se abordaron conceptos e campos coma a busca de emprego, a preparación de entrevistas de traballo ou, a elaboración dun currículum atractivo para optar a unha praza.

Asemade, os participantes tamén contaron coa asistencia e asesoramenteo dun experto na materia, que agora xa co curso rematado, continuará a aconsellar e dirixir aos participantes á hora de presentar a súa candidatura a un emprego.