Entrega de diplomas do VI Obradoiro de Memoria

157

As Pontes, 28 de xuño|

A concelleira de Benestar Social, Isabel Fornos, e a directora do CIM, Maca Rego, fixeron entrega, esta mañá, dos diplomas de fin de curso ás alumnas da sexta edición do Obradoiro de Memoria organizado polo Concello, en colaboración coa Asociación de Viúvas de As Pontes.

Durante nove meses, 29 mulleres, con idades comprendidas entre os 45 e 85 anos, participaron neste taller que tiña como obxectivos esenciais axudar ás alumnas a exercitar a mente, mellorar as súas capacidades de atención, concentración e aprendizaxe.

Asemade, esta iniciativa buscaba promover o envellecemento activo e a participación das alumnas na vida comunitaria, mellorando a súa calidade de vida.

Entrega de diplomas del taller de memoria para