RTVEume / O concelleiro de Servizos Sociais, José Alén, presidiu esta mañá a entrega de diplomas do curso de adestramento da memoria ao que asistiron case unha trintena de alumnas, e todas integrantes da Asociación de Viúvas María Magdalena.

O curso, totalmente gratuíto para as participantes ao contar co patrocinio da Concellería de Servizos Sociais tivo unha duración de 40 horas lectivas, dende Outubro de 2014 a Xuño de 2015, e impartido nunha sesión semanal de hora e media de duración.

Maca Rego, directora do Centro de Información á Muller, encargouse destas clases ns que se traballa dende a comprensión lectora ata o cálculo e que, por medio de sinxelos exercizos axudan ás participantes a exercitar o seu cerebro.

Poñíase así punto e final á Sexta edición dun curso que é todo un éxito edición tras edición e que busca a mellora das capacidades memorísticas das alumnas por medio de estratexias cognitivas de asociación, repetición e visualización; xogos e actividades en prol dunha mellor percepción, discriminación e procesamento da información tanto visual coma auditiva ou verbal e exercizos para mellorar a coordinación motriz e a estimulación espacio-temporal das asistentes